AliciaG

Científicos americanos descobren que a sandía dá máis forza ás ereccións e aumenta a libido

0

Orixinaria de África, a sandía ocupa un lugar destacado en case todas as neveiras durante o verán. Poucas froitas refrescan tanto polo seu alto contido de auga. Ata aquí o que todo o mundo sabe. O que xa non sabiamos moitos era que os seus beneficios chegan ata as alcobas, onde achegan un plus de ímpeto e potencia sexual

Un estudo da Universidade de Texas ten a culpa, pois os seus autores chegaron á seguinte conclusión: a sandía relaxa e dilata tanto os vasos sanguíneos que mellora o fluxo de sangue ao pene e da así máis forza ás ereccións. Case nada! En porcións axeitadas, incluso pode aumentar a libido. É dicir, que actúa como unha viagra natural a un prezo irrisorio e sen efectos secundarios de ningún tipo. Eureka!

A explicación científica está nos altos contidos de citrulina, coñecida tamén como o aminoácido do amor, que posúe. Pero claro, tan extraordinaria noticia tiña que ter algún pero. E si, o ten: resulta que a maior concentración de tan eficaz aminoácido atópase sobre todo na cortiza, o que supón unha dificultade engadida para a súa inxestión nas cantidades axeitadas para producir tan fantásticos resultados.

Con todo, non desesperemos. Os mesmos científicos están agora buscando a forma de obter unha maior concentración do aminoácido do amor na parte carnosa da sandía.

En todo caso, se non queres esperar nin rillar a cortiza da sandía, aquí che recordamos algúns outros alimentos aos que tamén se lle atribúen beneficios sexuais, en algúns casos con máis xustificación científica que en outros.

Chocolate. Mellor negro e coa menor cantidade posible de azucre. Potencia de forma natural a actividade sexual de ambos sexos, debido a outro aminoácido, a arginina. Mellor a erección, pero tamén a sensibilidade de o desexo. Ademais, é o principal precursor do libido pola súa riqueza en feniletilamina, coñecida tamén como “suplemento do amor”.

Froitos secos. Noces e améndoas, especialmente, axuda á función da próstata e a produción de espermatozoides nos testículos.

Soia. Debido as isoflavonas, que melloran os síntomas da menopausa e tamén e incrementan o desexo sexual, que pode decaer nesta etapa.

Vitamina E. Presente na xema de ovo, espárragos, verduras, sésamo, entre outros, é un antioxidante que mellora a elasticidade da pel e o fluxo sanguíneo, incluíndo o xenital.

Ostras, salmón. O Omega 3 favorece a permeabilidade dos vasos sanguíneos e o zinc intervén na produción de testosterona, aumentado o desexo sexual tanto en homes como en mulleres.

Xenxibre. Outro antioxidante que estimula a enerxía sexual.

Espárragos e bananas. A vitamina E, xunto co potasio, incrementan o fluxo sanguíneo xenital e a formación de hormonas.

Mel. O boro promove a utilización e metabolización da hormona sexual feminina, ademais de aumentar os niveis da hormona responsable do desexo sexual en sangue.

Canela. Estimula a rega sanguínea na zona abdominal, mellorando a irrigación no xenitais, tanto do home como da muller. Facilita deste xeito a excitación e ao home axúdalle a alcanzar a erección e mantela.

Figos. Conteñen betacaroteno, que axuda  as hormonas sexuais, mellora o desexo e nivela os desaxustes de estróxenos.

Viño tinto. O alcohol, que desinhibe, e os antioxidantes, que achegan máis sangue ás áreas xenitais tanto masculinas como femininas, forman a parella perfecta. Iso si, con moderación.

 

 

E logo, qué pensas?