AliciaG

Unha avogada de Cambados, a única muller que aparece entre os 50 delincuentes máis buscados de Europa

0

Hai listas en que é mellor non aparecer. Por exemplo, as da Europol, acrónimo co que se coñece á Oficina Europea de Policía, un órgano que loita contra a delincuencia no seo da Unión Europea.

Pois ben, acostuma a Europol a publicar de cando en vez listaxes cos delincuentes máis buscados polas diferentes policías dos estados membros. E é aí onde salta a sorpresa: resulta que nunha desas últimas publicacións chama a atención que a única muller entre os 50 delincuentes máis buscados sexa precisamente unha galega.

Trátase dunha avogada de Cambados de 43 anos chamada Tania Varela Otero, desaparecida dende o 2014  despois de que a Audiencia Provincial a condenara por tráfico de estupefacientes, integración en banda criminal e branqueo de capitais. A rede a que pertencía intentara introducir no país 2.000 quilos de cocaína a través dunha praia da Coruña. Cando se atopaba en liberdade provisional, esperando a que o Supremo confirmase a súa condena, puxo terra de por medio… e  ata hoxe.

Pero non está soa. Outro galego figura tamén na mesma relación de delincuentes máis buscados pola Europol. Estamos a falar agora dun vigués, carpinteiro de profesión metido a empresario e máis coñecido por ser o xerente das Cinco Jotas, a empresa que estafou máis de 11 millóns de euros á Facenda galega suplantando a identidade de máis de 70 persoas e a base de emitir facturas falsas en conivencia con máis de 200 empresas.

O dito: hai lista nas que é mellor non estar… pero isto é o que hai, que dicía Antón Reixa no seu disco Nación Reixa.

Aquí podes consultar a lista completa.

 

 

E logo, qué pensas?