AliciaG

Galicia xa é unha das partes do mundo con máis mulleres homenaxeadas por Google

0
  • Doodle de Emilia Pardo Bazán

    Doodle de Emilia Pardo Bazán

  • Doodle de Angela Ruiz

    Doodle de Angela Ruiz

  • Doodle Rosalía De Castro

    Doodle Rosalía De Castro

  • Doodle Concepción Arenal

    Doodle Concepción Arenal

O idilio entre Galicia e Google continúa. O buscador segue rendido ante as grandes mulleres galegas de diferentes tempos e ámbitos. A última proba del foi o ‘doodle’ que o pasado 16 deste mesmo mes lle dedicou a Emilia Pardo Bazán con motivo do 166 aniversario do seu nacemento. Con este xa van 4 homenaxes a outras tantas mulleres galegas nos últimos dos anos, o que converte Galicia nunha das partes do mundo con máis mulleres recoñecidas cun ‘doodle’.

Pero fagamos memoria. O primeiro foi a Concepción Arenal, o 31 de xaneiro de 2015, coincidindo co 121 aniversario do seu nacemento. Apenas un mes despois tomou o relevo Rosalía de Castro, que se converteu no doodle do 24 de febreiro de 2015, o mesmo día en que facía 178 anos do seu nacemento.

Algo máis dun ano tardou Google en lembrarse doutra muller galega, neste caso de adopción, pois aínda que naceu en León foi mestra durante a maior parte da súa vida en Ferrol, onde morreu e foi enterrada. Trátase de Ángela Ruíz, que pasou a historia como a precursora de libro electrónico.

Galicia é así unha das partes do mundo con máis mulleres homenaxeadas por Google, moi por en encima de moitos países.  Só un exemplo: xa son máis as galegas recoñecidas cun ‘doodle’ ca as do resto de España. Catro fronte a tres: Clara Campoamor, Remedios Varo e Lola Flores. Curiosamente, non hai ningún galego entre os 2.000 doodles  (garabatos, sería a tradución literal) cos que a compañía rende tributo na súa páxina principal a personaxes de proxección mundial, efemérides ou celebracións.

Se pinchas aquí podes consultar todos los ‘doodle’ de Google.

 

 

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?