AliciaG

A lenda medra: un dragón alado visita a Torre de Hércules de cando en vez

0

Verías a Torre de Hércules de mil formas distintas, en centos de fotos e vídeos, cada un máis fermoso. Orgullo dos galegos, Patrimonio da Humanidade dende 2009, a faro romano máis antigo do mundo e o único funcionamento é unha lenda en si mesmo que esconde outras moitas. A máis estendida é a que conta que Hércules, fillo de Zeus, lle cortou alí a cabeza ao xigante Gerión despois de tres día de loita feroz e que sobre ela mandou construír a Torre.  Pero ás veces asoma algunha outra, como a do dragón que din que de cando en vez se deixa caer, voando claro, por onde a Torre.

A falta da máis mínima credibilidade, a esta nova lenda da que existen probas audiovisuais hai que recoñecerlle orixinalidade e sentido do humor. Tal vez por iso está sendo tan compartida durante os últimos días en Facebook, especialmente na cidade herculina, dende que o Grupo Coruña publicou este vídeo de orixe descoñecida (como eles mesmos din) na súa conta. O que si é certo, e isto sen dúbida algunha, é que Xogo de Tronos estase a perder unha excepcional localización.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?