AliciaG

Manzaneda: así se ve Galicia dende un dos seus teitos, a 1.778 metros de altitude

0
  • Mirando cara ao interior de Ourense

    Mirando cara ao interior de Ourense

  • Mirando cara a León

    Mirando cara a León

Este tempo gomoso estira tanto o verán que parece que outono aínda no chegou cando leva case un mes connosco, pero con todo non é quen de parar as agullas do reloxo.  Así pois, o  outono está aquí aínda que non o pareza e nos aproxima pouco a pouco cara un inverno que cada vez fica un pouco máis preto, aínda que o pareza menos. Por iso que en Manzaneda andan a cen, xa non por hora, senón case por minuto para que todo estea a punto de cara ao comezo da tempada de neve, que será alá pola primeira semana do mes de decembro.

Pero o certo é que Manzaneda non precisa neve para namorar a quen por alí se acerca. Estes días sollleiros permiten achegarse ata a cima con tranquilidade e gozar das vistas, incribles, dende un dos teitos de Galicia, a 1.778 metros de altitude.

E logo, qué pensas?