AliciaG

50 razóns polas que Galicia é o lugar máis importante de España

Hai 50 razóns polas que Galicia poida ser o lugar máis importante de España? Haberá opinións para todos os gustos, mais o portal BuzzFeed España colgou no seu espazo en facebook un vídeo que así o di e que recibiu máis de 625.000 visualizacións. Pero, cales  son esas cousas que fan deste un territorio especial?

O mar é un deles, e espazos como a Praia das Catedrais ou algúns dos nosos faros, suman nesa mesma dimensión océanica. A gastronomía é outro dos fortes da comunidade, non só polos mariscos, o polbo ou os peixes das nosas costas, senón tamén outros produtos made in Galicia que gustan a case todo o mundo: cervexa, queixo ou viño.

Santiago de Compostela ten un lugar destacado, pois amósanse no vídeo varios lugares con encanto desta cidade Patrimonio da Humanidade, como a coñecida Catedral ou o botafumeiro.

Pero ademais da costa, a gastronomía e o patrimonio arquitectónico, hai outros elementos que fan de Galicia un excelente lugar para vivir. O Entroido, que se vive con especial ansia e tradición na provincia de Ourense, é un dos valores diferenciadores desta comunidade, atravesada por camiños a Santiago ou a outros lugares que fan que por terra, mar e aire, Galicia teña moito que ofrecer.

Botas en falta algunha razón?

E logo, qué pensas?