AliciaG

Santiago ten na alameda un banco único: transporta o son cunha técnica usada na primeira guerra mundial para detectar avións inimigos

0

Galicia ten un banco único no mundo. E non estamos a falar de ningún dos moitos “bancos máis fermosos do mundo” que proliferaron durante os últimos e dos que é pioneiro o de Loira, en Ortigueira. Tampouco dos bancos marisqueiros agachados polas rías e que producen os mellores mariscos do planeta. Nin sequera do Banco Galicia, o único no mundo que leva o nome deste terra pero que paradoxalmente non é galego, senón arxentino. Non. Falamos en realidade dun banco de pedra que está na alameda de Santiago, deses que se fan para sentar, coma todos, pero coa particularidade de que este se fixo tamén para escoitar, como ningún outro.

É coñecido como o banco acústico ou dos namorados. Un banco de pedra de arredor de 25 metros de largo e con forma de media lúa. Data do século XIX e o máis sorprendente é que foi construído cunha técnica que finalmente se adaptou a usos militares para a ampliación e detección de sons afastados ou débiles. É dicir, como radar, especialmente na primeira guerra mundial e para detectar con antelación os avións inimigos.

O sorprendente banco de Santiago ten a singularidade de que ao sentar nun dos seus extremos e falar, o banco transporta o son ata o outro, a 25 metros de distancia, onde se pode escoitar perfectamente todo o dito e manter deste xeito unha conversa clandestina. Non é difícil imaxinar que, con esta fantástica propiedade, esta bancada fose o lugar preferido polos amantes para borboriñarse cousas ao oído sen que ninguén se decatase nin do seu amor nin dos seus rumoreos, dada a distancia á que se atopaban un do outro.

A explicación técnica está no respaldo de pedra, que funciona como una pantalla ou espello acústico que amplifica o son e o transporta. É a mesma tecnoloxía que se empregou durante a primeira guerra mundial e ata o ano 1930 para usos militares, especialmente para a detección de avións inimigos. O descubrimento do radar analóxico (1930) por parte de Gran Bretaña non só evitou a invasión alemán da illa, senón que supuxo a xubilación progresiva dos radares acústicos. Hoxe aínda se conservan restos de algúns. Este afán por amplificar e detectar sons tamén deu lugar á construción de disparatados aparellos. Nas seguintes fotos podes ver un radar acústico, en Kilnsea, norte de Inglaterra, e algúns sorprendentes dispositivos. Todas elas proceden do blog La Segunda Guerra Mundial.

espejos_de_sonido

 

 

 

 

 

 

 

 

Bizarre_accoustic_devices_3cuernos_sonoros

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

tubas_de_guerra

 

E logo, qué pensas?