AliciaG

Incrible entrada dun barco de pesca no porto de Bergantiños entre o asombro das testemuñas

0

Mentres un carteiro de Teixeiro, en Curtis, acaba de ser nomeado por una aplicación mellor condutor de España, por non cometer ningunha infracción, o condutor deste barco que entrou hai uns días no porto de Bergantiños en condicións realmente difíciles merece, sen dúbida, o premio ao mellor patrón do mundo.

A manobra da embarcación, en que van tres mariñeiros mais o patrón, é dunha habilidade que deixa pasmado a calquera, pero sobre todo deixou sen palabras que soaran ben ao grupo de testemuñas que asistiron con incredulidade e en directo á mañosa operación. Só hai que escoitalos.

Os mariñeiros que ían no barco xunto ao patrón deben estar tan acostumados á exquisita condución do seu compañeiro que nin se inmutaron.

O vídeo, subido por Jorge Julio Penedo Ramos o pasado 16 de xaneiro a súa conta de Facebook, foi visto preto de 195.000 veces.

 

 

 

E logo, qué pensas?