AliciaG

A Coruña despunta como a provincia de España con mellor reputación e Galicia é a segunda entre as comunidades

0

Nada máis importante para unha marca (ou para calquera) que a súa reputación. Pois neste aspecto A Coruña destaca. Por segundo ano consecutivo volve ser a provincia de España con mellor reputación ‘on line’. Case nada! Completan o podio Córdoba e Navarra.

Pero o exitazo galego non se queda aí: Ourense é a provincia que máis mellorou a súa reputación no último ano, cunha escalada de 16 postos, ata ascender ao número 12 para converterse na terceira provincia galega con mellor nota. A segunda é Lugo, que se mantén ao nivel do ano pasado, no posto número 11. Pontevedra ocupa a posición 28, de 50.

Pero se ollamos a clasificación por comunidades autónomas, atopamos que Galicia é a segunda con mellor reputación ‘on line’ de España, por detrás só de Navarra, a escasamente tres décimas.

A clasificación de reputación ‘on line’ acaba de ser publicado polo portal trivago.es, que é o maior buscador de hoteis do mundo e está elaborado en base 9 millóns de opinións dos hoteis de tódalas provincias.

As puntuacións son sobre 100, acadando a provincia da Coruña 82,30 puntos, que é a máis alta de todas. No outro extremo da táboa sitúase Tarragona, cunha puntuación de 76,10. Lugo suma 81,10 puntos, Ourense 81 e Pontevedra 80,40.

En canto a Galicia, a súa puntuación é de 81,48 fronte aos 81,81 da Comunidade Foral de Navarra (primeira clasificada) e aos 78,78 das illas Baleares, que é a última.

Con carácter xeral, as provincias do norte de España e do interior, onde o turismo rural e cultural teñen un maior peso, obteñen mellor puntuación que as provincias cuxa oferta é unicamente de praia.

mapa_reputacionprovincias2016_leyenda

 

 

Clasificación por comunidades autónomas:

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?