AliciaG

A Coruña: única cidade española entre as 10 do mundo que serán tendencia este ano

0

A Coruña é a única cidade española que aparece na listaxe de urbes emerxentes para este 2016, elaborado polo comparador de voos, hoteis e alugueiro de coches Skyscanner.

Despois dunha procura por todo o globo terráqueo, o buscador seleccionou 10 cidades que van estar de moda, si ou si,  no 2016, e que polo tanto deberán ser visitadas. Nuns casos prima a súa riqueza histórica, artística ou patrimonial; noutros, os seus costumes, xentes ou a gastronomía. Sexa por calquera destes motivos, Skyscanner conclúe que todas elas serán cidades tendencia no ano que acabamos de estrear. E entre elas, A Coruña: a única galega e a única española que figura na selecta lista.

Estes son os argumentos: “Praias impecables para tomar o sol en pleno centro, un paseo marítimo que case a rodea por completo e que invita a camiñar mentres nos refresca a brisa do Atlántico, e a presenza impoñente da Torre de Hércules, dende a que se pode ver un dos mellores atardeceres da península: iso e moito máis é A Coruña. As admiradores da cultura atoparanse coma peixe na auga no Museo de Belas Artes ou no Arqueolóxico, o Domus ou a Casa das Ciencias. Os afeccionados ao bo comer saberán recoñecer o incomparable produto galego como un dos mellores do país. Vamos, que sobran motivos para descubrir A Coruña e Galicia no 2016″.

A lista completa é a seguinte:

  1. Amberes, Bélxica.

centro de amberes

2. Podgorica, Montenegro.

centro de podgorica

3. Krabi, Tailandia.

playa de krabi en tailandia

 

4. Tromso, Noruega.

tromso en noruega

5. Osaka, O Xapón.

skyline de osaka

6. Rennes, Francia.

opera de rennes

7. Dallas, Texas.

skyline de dallas en texas

8. Catania, Sicilia.

vistas aéreas de catania y el etna

9. Anchorage, Alasca.

parque natural en anchorage alaska

10. A Coruña

torre de hércules en la coruña

Fonte: skyscanner

E logo, qué pensas?