AliciaG

Dúas fantásticas versións da Sementeira: da folk de Fuxan os Ventos á heavy de Astarot

0

Himno xeracional, a Sementeira está a piques de cumprir 40 anos dende que Fuxan os Ventos converteran a popular cantiga no que é hoxe: un símbolo cultural de Galicia. A canción, publicada polo lendario grupo lucense en 1978 dentro do disco do mesmo nome, ten una versión heavy que sona especialmente ben: é a do grupo Astarot, nado en Cangas do Morrazo no ano 1983. A súa Sementeira forma parte do disco “O sentir dunha terra”, publicado no ano 2000 e no que versionaban unha ducia de cancións tradicionais galegas.

Para que as compares e goces delas, rescatamos dúas actuacións de ambos grupos, Astarot e Fuxan os ventos, ambas nos estudos da TVG.

E logo, qué pensas?