AliciaG

Galicia agocha dous bosques excepcionais e únicos: na illa de Cortegada e en Trevinca

0
  • Illa de Cortegada: detalle do bosque

    Illa de Cortegada: detalle do bosque

  • Illa de Cortegada: camiño interior

    Illa de Cortegada: camiño interior

  • Illa de Cortegada: bosque interior

    Illa de Cortegada: bosque interior

  • Teixidal de Casaio:

    Teixidal de Casaio:

  • Teixidal

    Teixidal

  • Teixidal de Casaio

    Teixidal de Casaio

O outono xa está aquí. Os días minguan con relación ás noites, a luz atenúase, a choiva (bendita en tempos de seca!!!) achégase con maior frecuencia (si, por favor!) e con el chegan os cogomelos, o viño novo, as castañas, os magostos… Son as colleitas do outono, pero sobre todo a recen estreada estación farase notar nos bosques, que locen máis fermosos que en ningunha outra época do ano.

Pois entre os moitos que hai en Galicia, temos dous que son únicos en Europa. Un está nunha illa, na de Cortegada, que forma parte do Parque Natural das Illas Atlánticas e atópase na ría de Arousa. O bosque de loureiros de Cortegada é unha rareza botánica, algo complemente excepcional. De feito esta illa, situada fronte a localidade de Carril, famosa polas súas ameixas, é o único lugar de Europa onde se pode gozar dun conxunto como este, tanto polo seu tamaño (2,5 hectáreas de bosque) como polo seu estado de conservación, froito do abandono de máis dun século. Algúns exemplares alcazan os 13 metros de altura.

Chegar á illa e ao bosque é doado: so hai que acercarse a Carril, en Vilagarcía. Apenas dista 190 metros da costa e cando a marea esta baixa é posible chegar ata ela sen mollarse. Para obter información sobre as visitas, o mellor é contactar co Parque Nacional.

A uns 300 quilómetros en dirección cara ao límite entre Ourense en León, atópase outro bosque excepcional, único tamén en Europa e un dous poucos do planeta, pois apenas existen as reservas de teixos, a especie arbórea máis lonxeva. Está no concello de Carballeda de Valdeorras, no lugar de Casaio, protexido polas montañas de Trevinca, onde se atopa o teito de Galicia.

O teixidal de Casaio está formado por arredor de 500 exemplares espallados nun bosque de 20.000 metros cadrados, onde conviven con acivros e carballos a 1.500 metros de altitude. É un lugar máxico, de lenda, como as que acompañan sempre aos teixos, unha árbore sagrada que tanto valía para que os druídas adiviñasen o futuro como para construír barcos, como antídoto para a rabia ou incluso para provocar a morte por parálise respiratoria debido ao veleno que conten tanto a súa madeira como as súas follas.

Visitar este bosque é moito máis complicado. Primeiro hai que achegarse a Casaio, a dúas horas en coche dende Ourense ou Lugo. Logo é preciso unha hora máis de todo-terreo e por último outra hora máis camiñando Non é doado chegar, pero paga a pena. En total, unhas catro horas.

As fotos da Galería proceden da páxina web do Parque Nacional Illas Atlánticas, do blog Xares e www.turismo.gal

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?