AliciaG

A maior editora de guías de viaxes do mundo recomenda Galicia como destino fabuloso e económico

0

Bosnia e Hercegovina, a cidade vietnamita de Ho Chi Minh, Quebec, Estonia… E en medio de todos estes destinos: Galicia.

A prestixiosa revista Lonely Planet, que é tamén unha das maiores editoras de revistas de viaxes no mundo, acaba de publicar unha das súas famosas listas dos mellores viaxes, Best in trevel, na que Galicia ocupa un lugar destacado. A revista recomenda dez destinos fabulosos e económicos para 2016, prestando especial atención a esta terra. Na relación ocupa o sexto lugar pola súa excelente relación calidade prezo.

A revista refírese a Galicia como a última fronteira de España e, máis alá de Santiago de Compostela, destaca a espectacularidade da súa costa e das súas rías, así como a autenticidade dos pobos do interior. Igualmente, chama a atención sobre a calidade da súa gastronomía (carnes e mariscos). E para poder probar de todo, recomenda as tapas.

A imaxe elixida para ilustrar a recomendación é o faro de Illa Pancha, en Ribadeo, o máis oriental de Galicia.

Esta é a lista completa:

1. Estonia.

GettyImages-170912196_master RESIZED

2. Cidade de Ho Chi Minh e Hanói (Vietnam)

A busy street in Ho Chi Minh City

3. África Oriental.

East Africa's Nilo Azul (Blue Nile)

4. Novo México.

Mountain biking in New Mexico

5. Bosnia e Herzegovina.

GettyImages-481071842_master.jpg RESIZED

6. Galicia.

A lighthouse on the Galician coast.

7. Quebec (Canadá).

Quebec City skyline, Quebec, Canada

8. Costa Rica. Costa caribeña.

GettyImages-152275940_master RESIZED

9. Timor Oriental.

Futucama in Timor-Leste

10. Oeste de Australia

GettyImages-548117657_master RESIZED

Fonte e fotos: Lonely Planet.

E logo, qué pensas?