AliciaG

A mocidade galega quere practicar máis sexo

0

Con que frecuencia practicas sexo? Hai tantas respostas a esta pregunta como persoas, pero segundo un estudo para avaliar os hábitos sexuais dos españois de 18 a 35 anos, o ideal sitúase cada 2-3 días. Mais só un terzo o conseguen. No caso concreto de Galicia, cóntanse 88 relacións sexuais ao ano. Isto é, unha dose cada catro días, algo afastado da frecuencia dos habitantes da Rioxa, que non pasan dos tres días sen darse unha homenaxe sexual.

Pero se en algo destaca a mocidade galega, é na ansia por aumentar a súa actividade sexual. Non sendo a comunidade máis activa nestas lides, si somos os que máis queremos elevar esa frecuencia, chegando a 223 relacións anuais. Case cada día e medio, para ser exactos, o que supón aumentar en máis dun 150% a súa actividade.

A perda da virxindade está situada en Galicia nos 17,6 anos. A media de todo o Estado sitúase nos 17,5, segundo este estudo, encargado pola marca de preservativos Control, que extrae outras conclusións, como que os mozos e mozas tampouco teñen reparos en probar cousas novas na súa vida sexual. En efecto, oito de cada dez quixeran experimentar, sobre todo en posturas para facer o amor. Sabes cales son as máis empregadas? O misioneiro e o canciño son as opcións máis frecuentes.

Datos posturas

E si, chega a pregunta. Son os galegos e as galegas ben valorados na cama? Sitúanse nun sexto lugar, nun ranking liderado polos Andaluces, seguidos das Illas Canarias, Madrid, a Comunidade Valenciana e Cataluña.

Estás de acordo?

E logo, qué pensas?