AliciaG

A moda do medio pantalón?

0

En cuestións de moda, poucas cousas sorprenden! E cando xa estamos acostumados a mercar pantalóns con algún roto -malia escoitar críticas ao respecto, porque todos escoitamos algunha-, xurde algunha celebrity que supera, pero moito, ese concepto.

Non sabemos se se lle foi a man coa tesoira, e asumiu o erro de cálculo con naturalidade. Pero o feito é que Ryan Destiny, a actriz e cantante americana, publicou no seu instagram (@ryandestiny) unhas fotos súas cuns jeans que teñen unha soa perneira. Si, liches ben: unha soa perneira. Non son algo máis curtos nunha que na outra, non. Fáltalles unha perneira.

PERNEIRA1 INTERIORE aquí os temos, porque unha imaxe vale máis que mil palabras: unha perna fica ao aire, mentres a roupa interior adquire protagonismo nesta proposta. Iso si, fai falta tirar de complementos para soster este medio pantalón, algo que non parece viable sen un cinto que o aguante á altura da cintura ou da cadeira.

Neste mundo tolo, non sabemos se continuará esta tendencia ou se do asunto do half jean, como o teñen bautizado algúns dos captadores de tendencias, quedará só nunha anécdota. Ti que pensas? Xa viches algún na túa cidade, vila ou aldea?

 

E logo, qué pensas?