AliciaG

A pobreza é sexista!

0

Un minuto. É o tempo necesario para visualizar un vídeo a través do cal a ONG ONE pretende demostrar que a pobreza é sexista, e tamén reflectir os NON que reciben as mulleres neses contextos sociais nos que non impera a igualdade. E que seguen a existir. Dende o corpo perfecto, o teito de cristal profesional, ata esixencias domésticas, sexuais…as imaxes van amosando algunhas das situacións e presións que viven as mulleres do mundo.

O debate non é novo, e os avances van a paso lento. Por iso, seguen a existir campañas que tratan de concienciar desta situación social, que é máis acusada nuns países que noutros. Precisamente porque a pobreza e a desigualdade son problemas globais,  o vídeo aborda situacións diversas. E unha delas é a cuestión da educación.

Porque ONE afirma que hai no mundo máis de 130 millóns de nenas non escolarizadas. E mesmo nos países máis desfavorecidos, onde os dous sexos se ven nesta situación, son máis as rapazas que non teñen acceso á educación. Un dos obxectivos desta ONG é a loita por un dereito básico coma este, porque un ano máis de educación mellora o futuro dos rapaces e rapazas e iso é bo para as familias, para a comunidade e para os países.

Tamén Cruz Roja Española sinalou ás mulleres estranxeiras, de 25 a 54 anos, de nula ou baixa cualificación, como perfil máis vulnerable dos que teñen participado no seu programa de emprego no pasado 2016. Porque a falta de formación dificulta, tamén, as opcións para atopar traballo.

Súmaste á loita contra a desigualdade, contra a pobreza e a prol da educación?

 

E logo, qué pensas?