AliciaG

A ría de Vigo como nunca a viches: 35 quilómetros nunha foto

0

 

Dende hai uns días estase compartindo en Facebook unha foto da ría de Vigo realmente espectacular, como seguramente nunca a viras. Desde o fondo, en Arcade, ata as Illas Cíes, na foto apréciase toda a ría, a máis profunda das Rías Baixas. En realidade son 35 quilómetros nunha soa foto. De cabo Home a cabo Silleiro, pasando pola enseada de San Simón, a ponte de Rande, as praias de Barra e tamén Praia América, Vilaboa, Vigo… Todo, absolutamente todo, a vista de paxaro: tamén Baiona, a península do Morrazo, Nigrán, Redondela, Sotomaior, Vilaboa, Moaña, Cangas e Pontevedra. A verdade é que chama moito a atención.

 

A foto foi compartida por Jaime Domínguez Blein dende o seu perfil de Facebook.

 

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?