AliciaG

A concursante de Pontedeume causa sensación en OT cantando en galego no medio dun descanso

0

Despois do sapoconcho, o galego colouse de novo na actual edición de Operación Triunfo a través da voz de Miriam, a concursante de Pontedeume. Nunha actitude e nunha posición totalmente relaxada, Miriam sorprendeu a todos despois dun ensaio interpretando o tema ‘Tempestades de sal’, da cantautora galega María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés.

O resultado da súa interpretación causou sensación entre os seguidores do programa, que se contan por millóns e que así llo fixeron saber a través das redes sociais.

Agora, despois da eliminación en dúas semanas consecutivas dos outros dos galegos do programa, Cepeda e Roi, esta moza que naceu e reside en Pontedeume xunto aos seus pais é a única representante galega no popular concurso.

Miriam, que realizou o bacharelato de Artes Escénicas e comezou os estudos de Arte Dramática e de Interpretación, é cantante e actriz. Compón e toca a guitarra. Como cantante, deu diferentes concertos, principalmente en Galicia. Entre os seus artistas favoritos están Vanesa Martín, Malú, Tina Turner ou Pink.

Vídeo publicado en Facebook por Luscofusco.

 

 

 

E logo, qué pensas?