AliciaG

A Universidade de Santiago é a mellor de España en Humanidades tras escalar 6 postos nun ano

0

A Universidade de Santiago de Compostela rematará o ano como a mellor de España en Humanidades e outras Ciencias Sociais. Tamén despunta na área de Saúde e Benestar, na que ocupa o posto número 5.

A Universidade de Vigo, pola súa banda, atopa tamén un espazo entre as máis destacadas do país, pero nunha área completamente distinta, a de Ciencias e Enxeñería. Sitúase na oitava posición.

Estos son algúns dos resultados da clasificación Universidade-Empresa, un estudo da Fundación Everis que fixa cales son as mellores universidades do país por cada área de coñecemento, identificando asi mesmo as preferidas polas empresas..

Segundo o estudo, o punto forte da Universidade de Santiago, a mellor de España en Humanidades e outras Ciencias Sociais, son os coñecementos técnicos que achega para o exercicio da profesión. Isto lévaa a ser a que ten a mellor percepción entre as empresas. O seu salto cualitativo nun só ano, dende e 2015, foi espectacular, pois pasou de ocupar o sexto posto desta mesma lista a encabezala.

Aquí podes ver o estudo completo. En todo caso, a clasificación nas diferentes áreas é a que segue:

  • Área de Humanidades e outras Ciencias Sociais

1)  Universidade de Santiago de Compostela

2)  Universidade de La Laguna

3)  Universidade Autónoma de Madrid

4)  Universidade Rei Juan Carlos

5)  Universidade de Murcia

6)  Universidade Complutense de Madrid

7)  Universidade de Sevilla

8)  Universidade Carlos III de Madrid

9)  Universitat de Barcelona

10) Universidade de Granada

  • Área de Informática e Tecnoloxías da Información e a Comunicación

1)  Universitat Politécnica de Valencia

2)  Universitat Politècnica de Cataluña

3)  Universidade Autónoma de Madrid

4)  Universidade Complutense de Madrid

5)  Universidade Politécnica de Madrid

6)  Universitat Autónoma de Barcelona

7)  Euskal Herriko Unibertsitatea

8)  Universidade Rei Juan Carlos

9)  Universidade de Zaragoza

10) Universidade de Oviedo

  • Área de Administración de Empresas, Economía e Dereito

1)  Universitat de Valencia

2)  Universidade de Granada

3)  Universidade das Illas Baleares

4)  Universitat de Barcelona

5)  Universidade de Murcia

6)  Universidade Rei Juan Carlos

7)  Universitat Autónoma de Barcelona

8)  Universidade de Oviedo

9)  Universidade de Alicante

10) Universidade Complutense de Madrid

 

  • Área de Saúde e Benestar

1)  Universidade de Alicante

2)  Universitat de Barcelona

3)  Universidade de Navarra

4)  Universidade de Murcia

5)  Universidade de Santiago de Compostela

6)  Universidade Complutense de Madrid

7)  Universitat de Valencia

8)  Universidade de Zaragoza

 

  • Área de Ciencias e Enxeñería

1)  Universitat Politécnica de Valencia

2)  Universitat Politécnica de Cataluña

3)  Universidade de Castela- A Mancha

4)  Universidade de Granada

5)  Universitat Autónoma de Barcelona

6)  Euskal Herriko Unibertsitatea

7)  Universidade de Valladolid

8)  Universidade de Vigo

9)  Universidade Politécnica de Madrid

10) Universidade Complutense de Madrid

 

E logo, qué pensas?