AliciaG

Acampada libre e sen multas?

A acampada libre está prohibida en Galicia. Non así noutros países de Europa, nos que co cumprimento dalgunhas normas, non poñen grandes problemas aos viaxeiros que optan por sacar a tenda de campaña e pernoctar onde lle cadre.

Malia as prohibicións, existe un mapa do territorio estatal que, de xeito colaborativo, marca os lugares nos que facer esta práctica sen recibir unha multa a cambio. O sitio web sindinero.org recolle esta información, que supón unha alternativa económica para poder viaxar.

En Galicia, aparecía ata fai pouco o parque nacional Illas Atlánticas. En concreto, o mapa situaba a posibilidade da acampada libre na Illa de Ons. Mais na actualidade, hai que pagar por instalarse neste lugar, por iso en sindinero.org recomendan unha chamada para confirmar que os datos son correctos, e así evitar problemas.

Como se pode ver, a maior parte dos lugares nos que a acampada libre é unha opción, segundo este mapa feito coas achegas de cidadáns, están situados entre Málaga e Benidorm, áreas de grande afluencia turística. Coñeces algunha outra?

E logo, qué pensas?