AliciaG

AC/DC a ritmo de gaitas galegas 27 anos despois da publicación do lendario Thunderstruck

0

Entre a pontevedresa Mos e a australiana Sidney hai un mundo. Ou mellor dito varios. Tamén entre a rondalla Santa Eulalia e AC/DC, a mítica banda fundada polos irmáns Young en 1973. Pero as veces as distancias acúrtanse de xeito sorprendente. Este é o caso.

Fai 27 anos, concretamente tal semana como esta pero do ano 1990, AC/DC publicou o seu duodécimo disco, xusto nun momento no que xa poucos pensaban que poderían volver os bos tempos da banda. Pero vaia si volveron! E todo grazas a un temazo incluído no álbum “The razors edge” (O fío das navallas), co que a banda de hard rock  ocupou de novo os primeiros postos das listas de ventas. Chamouse Thunderstruck, canción enérxica como poucas e un dos maiores éxitos de AC/CD.

Pois ben. Case tres décadas despois, en Mos, a Rondalla de Santa Eulalia tamén saltou aos primeiros postos das listas de éxitos (aínda que neste caso de visualizacións en Youtube) cunha espectacular versión do lendario Thunderstruck, que a ritmo de gaita (sobre todo), pero tamén tambor, bombo, pandeiro e acordeón soou por primeira vez a principios de ano no encontro de rondallas e ranchos de reis de Redondela.

Nesta semana, coincidindo co 27 aniversario da publicación de Thunderstruck (o 10 de setembro de 1990), AliciaG quere homenaxear tanto a AC/DC como á Rondalla de Santa Eulalia, cuxa versión, difundida inicialmente pola televisión local de Redondela, supera xa as 753.000 visualizacións.  Anda lonxe das máis de 335 millóns de visualizacións do vídeo oficial, pero todo se andará… Aquí quedan os dous, para gozar de ambos.

Thunderstruck da Rondalla de Santa Eulalia:

Thunderstruck de AC/DC:

E logo, qué pensas?