AliciaG

Adelgaza practicando sexo

0

Sabiamos que o sexo é un grande xerador de endorfinas, que axuda a tonificar músculos e a manter un bo estado anímico. Pero pensaches algunha vez en basear unha dieta en facer o amor?

Pode parecer unha terapia demasiado boa para ser certa, pero a realidade é que o sexo é un gran deporte. E como tal, axuda a adelgazar sempre que se practique o suficiente como para gastar as calorías que nos permitan chegar ao noso obxectivo!

Algúns expertos estiman que nun só acto sexual é posible queimar ata 500 calorías. Iso si, todo depende das posturas seleccionadas e da duración do mesmo. Pero para os que non se ven tan fortes como para buscar o máximo rendemento e as posicións máis complexas do kamasutra, semella que é posible consumir unhas 200 calorías en 20 minutos de paixón. Iso si, se o corpo aguanta, pódense facer varias repeticións ao día.

Non está nada mal, tendo en conta que é o mesmo que se gasta, aproximadamente, en 30 minutos trotando ou montando en bicicleta, unha hora de camiñada a bo ritmo ou 45 minutos bailando. E ademais, o sexo non acostuma dar tanta preguiza.

Estás pensando en comezar xa esta dieta? Parabéns!

Pero ollo, non deixes de practicar sexo, que coma en calquera outra dieta non se debe caer no efecto ioió! 😉

E logo, qué pensas?