AliciaG

Olla os estragos que ocasionaría o cambio climático en 10 lugares emblemáticos do planeta

0
  • Illa de Pascua. Chile.

    Illa de Pascua. Chile.

  • Cataratas do Niágara. EE.UU./Canadá

    Cataratas do Niágara. EE.UU./Canadá

  • Machu Pichu. Perú.

    Machu Pichu. Perú.

  • Stoneheng. Inglaterra.

    Stoneheng. Inglaterra.

  • Parque Nacional Banff. Canadá.

    Parque Nacional Banff. Canadá.

  • Cristo de Corcovado. Río de Janeiro.

    Cristo de Corcovado. Río de Janeiro.

  • Ponte de Londres.

    Ponte de Londres.

  • Torre Eiffiel. París.

    Torre Eiffiel. París.

  • Muralla chinesa.

    Muralla chinesa.

  • Capitolio. Whashington.

    Capitolio. Whashington.

A crise desprazouno a un segundo plano, pero so como asunto de debate, non como problema,  posiblemente o máis grande e urxente que ten agora mesmo a humanidade e o planeta. O cambio climático avanza pese a todos e pese a todo, tamén á crise (ou seguro que máis rápido debido precisamente a ela). Nunca se para.

Con todo, non deixan de sucederse os xestos para concienciarnos da importancia de combatelo. O último foi o de Leonardo DiCaprio na cerimonia de entrega dos Óscars, tras recoller o seu ao mellor actor e que reproducimos a continuación:

(o artigo segue despois do vídeo…)

 

O actor fixo unha sentida e aplaudida alegación en defensa do planeta e da especie:

O cambio climático é real e está sucedendo agora. É a ameaza máis urxente que está enfrontadando a nosa especie. Necesitamos apoiar aos líderes que non falan en nome dos grandes contaminadores, nin das grandes corporacións. Senón que falen por toda a humanidade, polos indíxenas do mundo, polos billóns e billóns de persoas sen privilexios que serán os máis afectados, polos fillos dos nosos fillos…

Outra actuación recente foi o do fotógrafo Joel Krebs, un deseñador norteamericano que mediante fotos tratadas (algunhas, como a da torre Eiffiel con semanas de traballo) amosa como quedarían 10 dos lugares máis famosos do mundo polo efecto dunha seca severa como consecuencia do cambio climático. O resultado, aínda que poda estar algo esaxerado, é arrepiante.

En todo caso, e aínda que non satisfixo por igual a todos, o certo é que o último cumio do clima, celebrado en París, foi o primeiro no que todos os países participantes (195) chegaron a un acordo considerado histórico. Aínda que non solucionada o problema, os máis optimistas quixeron velo como o principio da solución. A razón? Que se trata do “primeiro pacto universal da historia das negociacions climáticas”, tal e como afirmou François Hollande, afitrión do cumio como presidente de Francia. A clave dese optimismo está na implicación na loita contra o cambio climático de EE.UU., o país máis contaminante do mundo, e de China. O acordo tenta impedir que a final de século o aumento das temperaturas quede por debaixo dos dous graos. En definitiva, trata de afastarnos das alarmantes fotos de Joel Krebs.

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?