AliciaG

Aurelia e Rosaura, as galegas que coidaron durante anos a John Lennon e Ringo Starr traballando nas súas casas

0
  • Amelia García traballou na casa de Ringo Star, en Londres

    Amelia García traballou na casa de Ringo Star, en Londres

  • Rosaura López traballou con Jhon Lennon en Nova York

    Rosaura López traballou con Jhon Lennon en Nova York

Despois do post sobre Santiago Casares, o médico coruñés que iniciou fai 38 anos unha forte amizade con Paul McCartney despois de visitalo na súa casa do condado inglés de Sussex, vamos con outras dúas historias sobre as conexións galegas cos lendarios Beatles. E neste caso son incluso máis fortes e estreitas.

Dúas mulleres, unha de Ferreira do  Valadouro e outra de Pontevedra, coidaron durante anos de Ringo Starr e John Lennon, traballando para eles como asistentes domésticas e entablecendo estreita relación tanto cos dous beatles como coas súas familias. Incluso é posible que estiveran convivindo con eles ao mesmo tempo, sen sabelo, cando xa Lennon marchara para Nova York con Yoko Ono e Ringo Starr residía en Londres. E outra casualidade máis: coincide tamén no tempo co encontro que o doutor Santiago Casares mantivo con McCartney na súa casa de Sussex, no ano 1979. Estamos a falar de Rosaura López e Aurelia García, a primeira de Pontevedra e a segunda do Valadouro. É dicir, que Galicia tivo ao mesmo tempo tres conexións directas e estreitas con tres dos beatles máis carismáticos e famosos.

Pero vaimos por partes:

Rosaura López, que faleceu en 2005, traballou no apartamento de Lennon no edificio Dakota de Nova York entre os anos 1976 e 1980. Natural de Pontevedra, saltou á fama fai uns anos, cando decidiu publicar un libro contando a súa historia con Lennon e Ono e revelando algúns segredos: como por exemplo que o “beatle” facía na casa o seu propio pan galego tal e como lle ensinou Rosaura, cuxos pais eran panadeiros. Ela, que viviu de preto o asasinato de Lennon, morreu o mesmo ano no que publicou o libro, cando se atopaba en plena promoción do mesmo.

Mentres Rosaura se ocupaba do máis famoso dos beatles, debido en parte ao seu asasinato, outra galega, Aurelia García, de Ferreira de Valdouro, desempeñaba a mesma tarefa na casa de Ringo, en Londres. Cada unha ela delas con beatle a un lado e outro do océano, sen saber unha da outra.

Aurelia emigrou dende Ferreira a Escocia na década dos 70 e logo acabou Londres, onde unha axencia de contratación enviouna á casa de Ringo Starr, sen que soubera de quen se trataba. So sabía que era alguén moi rico, aínda que non tardaría en decatarse de quen se trataba. A súa entrada na casa de Ringo Starr coincidiu coa etapa final dos Beatles, cando Lennon xa marchara para Nova York con Yoko Ono e polo tanto é moi probable que xa tivera contratada na súa casa a Rosaura.

Aurelia tamén acumula anécdotas de aquela época do máis variado. Unha das máis curiosas é que cando se volveu para Ferreira do Valadouro, despois de 12 anos na emigración e porque ía nacer a súa filla, Ringo regaloulle un traxe para o seu marido. A raias e acampanado, o marido nunca chegou a descolgalo do armario, así que alí estivo durante anos. Ata que nun entroido a filla de Amelia quixo disfrazarse de pirata. Pois ben, o traxe acabo servindo para iso, despois de algúns arranxos coa tesoira. Mal sabía Aurelia que os traxes dos Beatles póxanse por miles de euros.

As fotos da galería proceden da páxina de facebook de Santiago Casares, a de Rosaura López, e dunha captura do corto titulado Aurelia, da productora 14pies e cuxo guión é obra da galega Sabela Blanco. A captura foi publicada pola revista Vanity Fair nunha reportaxe adicada a Amelia.

 

 

 

 

E logo, qué pensas?