AliciaG

11 ataques a políticos con tortas, verduras, fariña, ovos e ata zapatos

0

Que teñen en común Bush, Sarkozy, Iceta, Esperanza Aguirre, Berlusconi, Yolanda Barcina, Cameron ou Hollande…. e, dende onte, Mariano Rajoy? Pois que todos eles sufriron bárbaros e imprevistos ataques no exercicio da súa actividade. Zapatos, tortas, puñadas, ovos, fariña, verduras e ata cun recipiente, todo vale para chamar a atención dos medios de comunicación que os acompañan. Os que siguen son algúns exemplos.

MARIANO RAJOY.  Recibe unha puñada, en Pontevedra.

GEORGE BUSH. Un reporteiro tíralle un zapato ao presidente de Estado Unidos en plena conferencia de prensa, en Iraq:

ESPERANZA AGUIRRE. Inaugura o curso escolar no colexio Virxe de Navalazarza. Un grupo de persoas protesta no exterior polos recortes e unha delas lle tira un tupper.

SILVIO BERLUSCONI. Brutal agresión ao entón primeiro ministro italiano tras un mitin en la praza del Duomo. Recibiu un forte golpe na cara cunha réplica da catedral de Milán.

NICOLÁS SARKOZY. O primeiro ministro francés recibe un tortazo.

DAVID CAMERON. Ao rematar un pequeno acto electoral, despídeno botándolle ovos ás costas.

FRANÇOISE HOLLANDE. Era o líder do partido socialista e disputáballe a presidencia de Francia a Sarkozy. Nun acto é atacado con fariña.

 

YOLANDA BARCINA. Presidenta daquela de Navarra, lanzáronlle tres tortas nun acto en Toulousse, en protesta por un tren de alta velocidade.

MIQUEL ICETA. Un ovo impacta na súa fronte durante unha intervención pública.

MIGUEL BOYER. Agredido por Ruíz Mateos cando era ministro de Economía.

HELMUT KOHL. O presidente de Alemaña recibe o impacto de ovos e verduras durante unha protesta agraria.

 

E logo, qué pensas?