AliciaG

Casares: o fan que fai 38 anos “coouse” na casa de McCartney para coñecelo e hoxe é o seu amigo galego

0

Santiago Casares, ademais de médico e coruñés, é a conexión emocional con Galicia de Paul McCartney. O seu mellor amigo en Galicia. Tal vez o único por estas terras. En todo caso, o seu fan número un.

A súa relación ven de lonxe, do ano 1979, cando Casares acordou retarse a si mesmo propoñéndose coñecer a quen xa entón era o seu ídolo, o lendario baixista dos Beatles. Emprendeu así unha aventura persoal repleta de emocións que o levaría dende a Coruña ata o condado de Sussex, no sur de Inglaterra, nun Simca 1.200.

Despois de tres días de viaxe e de ducias de preguntas a veciños, policías ou comerciantes, pois en realidade non sabía onde vivía exactamente e ninguén parecía disposto a dicirllo,  Casares acabou dando coa casa dos McCartney despois de ter preguntado por ela nunha ferretería e de que un empregado o levase case ata a porta. Alí vivían Paul, Linda, a súa ex parella, e o fillo de ambos. E alí cumpriu o doutor galego un dos sonos da súa vida. Segundo el mesmo relata, foi un día de éxtase inimaxinable, o máis completo da súa vida. Non era para menos… pero aínda tería que esperar un día máis.

Ao primeiro intento, votárono da finca. O cal non deixa de resultar lóxico, pero cando xa marchaba atopouse cunha muller de nome Xulia que se ocupaba do coidado do xardín de Paul e Linda. Tras conversar con ela e explicarlle o motivo da súa viaxe desde A Coruña, emprazouno a volver nun par de horas ao mesmo sitio. E entón saltou a sorpresa, sendo como sempre foi Mccartney tan celoso da súa intimidade: Casares foi citado para o día seguinte, na mesma casa.

Así foi como principiou un día máxico na vida do doutor Casares, o que máis segundo el mesmo, no que McCartney no so lle abriu as portas do seu fogar, senón tamén as do seu corazón. Casares, profundamente emocionado e agradecido, non podía saír do seu asombro por todo o que estaba a vivir.

O “beatle” ensinoulle a granxa na que vivía coa súa familia, os animais, o estudo de gravación, presentoulle a Linda e James, xantaron todos xuntos, tomaron o te e, como guinda, Paul tocou en exclusiva o piano para Santiago Casares. So os dous, cara a cara.

Interpretou moitos temas propios, pedazos das súas fantásticas cancións, pero tamén pezas de Mozart. O concerto prolongouse por espazo dunha hora que Casares cualifica como a máis sublime da súa vida.

A amizade e a relación aínda dura, 38 anos despois. Como colleita de aquela xornada inesquecible, ademais de anécdotas, recordos e emocións, Casares conserva unha colección de fotos moitas delas inéditas, feitas tanto por el mesmo como por Linda.

Fai xa algún tempo, o amigo galego de do mítico “beatle” creou un perfil de facebook chamado “Encuentro Paul MacCartney y Santiago Casares” no que conta todo isto e moito máis e no que se poden ver algunhas das fotos que se trouxo consigo.

12087931_10153665348017463_9072998691714405001_o

 

 

Linda, James e Paul despedíndose de Santiago Castro en 1979.

11209527_10153706717122463_5663124282638612349_n

 

 

 

 

 

Collage que fixo Casares coas fotos e recordos de aquela visita.

 

 

 

 

 

Santiago Casares na actualidade

 

 

 

Santiago Casares, na actualidade, 38 anos despois de aquel encontro.

 

E logo, qué pensas?