AliciaG

Catro galegos figuran entre os mellores aviadores da historia polas súas fazañas, récords, valentía e habilidade

0

Que os galegos somos expertos mariñeiros, entre os mellores do mundo segundo a opinión máis estendida, non é ningún segrego. Así o acreditamos dende o principio dos tempos. Como sabemos, existen ademais investigacións que rebelan que Cristovo Colón era en realidade o galego Pedro Madruga e outras que sinalan os galegos como os descubridores de Nova Zelandia e Australia. Nin máis nin menos, que América e as antípodas foron descubrimentos de galegos.

Pero o que si pode sorprender máis, por menos coñecido, é que tamén teñamos os nosos propios “top gun”, ídolos do aire que figuran entre os mellores aviadores da historia. Dende logo, entre os mellores de España e Europa, coñecidos polas súas xestas, pola súa valentía ou pola súa habilidades no aire.

Aínda que pilotos galegos hai moitos máis, o póker de ases do aire está formado por Xosé Piñeiro, considerado o primeiro piloto galego, Xoaquín Loriga, Ramón Franco Bahamonde (o irmán de Francisco Franco) e Francisco Iglesias Brage. Os catro pasaron á historia da aviación e figuran na clasificación de mellores pilotos de España de todos os tempos por diferentes motivos.

Xosé Piñeiro (1878-1927): Aínda que nacido en Mugardos, Aviador Piñeiro, como era coñecido, quedou unido para sempre a localidade de Sanxenxo, na que chegou a ter unha fábrica de gasosas e de onde incluso foi alcalde. Pero abandonouno todo por unha paixón: voar. O seu foron as acrobacias, dende o salto da morte, ao voo invertido ou unha que el mesmo inventou, o voo da gaivota, que consistía en tocar o mar cunha das ás do seu avión. Atrevido, temerario, valente… Cada un tiña a súa opinión, pero Piñeiro foi ante todo un ídolo para moitos, dende logo para os seus veciños, e o iniciador dos outros tres grandes pilotos galegos, que o foron tamén da historia da aviación española.

Xoaquín Loriga (1895-1927): Este aviador de Lalín forma parte tamén da historia da aviación polas súas fazañas, que no foron poucas: heroe de guerra (participou na do Rif, recibindo a Medalla Militar), foi quen de percorrer 19.000 quilómetros en 33 días, dende Madrid a Manila, o que lle valeu ser nomeado fillo predilecto da capital filipina e a medalla da Liga internacional de Aviadores. Ao contrario de Piñeiro, que morreu dunha pulmonía, Loriga perdeu a vida aos mandos dun avión, en Catro Ventos (iso si, o mesmo ano que aquel).

Ramón Franco (1896-1938): Si, Bahamonde, irmán do ditador e nacido, coma el, en Ferrol. Atribúenselle dous récords mundiais, conseguidos no mesmo voo, dende A Rábida, en Huelva, de onde tamén partiu Colón en 1942, ata Bos Aires. Pilotaba o Plus Ultra e estableceu dúas novas marcas mundiais, a maior distancia con escalas e a maior velocidade dun hidroavión en vó, despois de case 60 horas de pilotaxe repartidas en varios días.

Francisco Iglesias Brage (1900-1973): Naceu tamén en Ferrol e a súa fama internacional vén dada polo seu intento de bater a marca de distancia en voo, no ano 1929, entre Sevilla e O Río de Xaneiro. Non o conseguiu porque se quedou sen combustible e tivo que aterrar en Salvador de Baía, pero aínda así acadou a segunda mellor marca en distancia absoluta e a maior recorrida sobre o mar.

Os catro pilotos galegos, que naceron nun periodo de apenas 22 anos,  figuran dende entón en calquera recopilacion dos mellores aviadores da historia.

Fonte foto: Wikipedia. Estatua dedicada a Piñeiro, o precursor dos pilotos galegos, en Sanxenxo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?