AliciaG

Coidado… tempo de alerxias!

0

Esbirros, proído no nariz, nos ollos e/ou no padal, conxestión… Acompáñante estes  síntomas co comezo da primavera? Se a resposta é afirmativa, é probable que sexas alérxico ao pole.foto interior

Estamos en datas propicias para que o pole chegue aos nosos corpos e son as gramíneas as principais xeradoras deste tipo de problemas na saúde das persoas. Porque estas especies, en Galicia, acostuman florecer entre finais de marzo e setembro, facendo especial énfase en xuño e xullo.

De momento, os niveis de pole no ambiente son baixos en todas as provincias galegas, agás o procedente do plátano de sombra en Ourense, que rexistra xa niveis altos. E malia que en xeral non é moita a presenza de pole no aire, non está de máis adoptar algunhas recomendacións para evitar o malestar que nos pode causar na primavera.

Como reducir o impacto dos síntomas? Evitando a actividade ao aire libre;  empregando no coche o filtro antipole, non secando a roupa no exterior para evitar que enganche nela o pole e empregando lentes de sol. Evidentemente, a opción de tombarse no céspede e gozar do bo tempo rodeado de natureza non semella unha boa idea para este tipo de alerxias.

E logo, qué pensas?