AliciaG

Combarro compite agora mesmo con outros cinco lugares por ser o máis fermoso de España… e podes axudalo a gañar

0

En Galicia xa sabemos de sobra que Combarro é un sitio fantástico, idílico, un bombón de lugar ou un lugar bombón, que tanto nos ten. Pero quere ser máis. Por iso que agora aspira a converterse tamén no lugar máis fermoso de España, para o que compite con Ezcaray (A Rioxa), Grazalema (Cádiz), Guadalupe (Cáceres), Sos do Rei Católico (Zaragoza) e Vilafamés (Castelló).

Gañará ou non, pero a condición de bombón non lla dará nin quitará Ferrero Rocher por moi experto que sexa na fabricación deste tipo de produto, pois é a casa italiana quen organiza este concurso que ten como recompensa o recoñecemento e a fama, pero tamén una espectacular iluminación de Nadal que se acenderá o día 16 de decembro e que será retransmitida en directo por varias canles nacionais.

Se queres botarlle unha man a Combarro para gañar este concurso, podes facelo a través desta web. Pero quede como quede, para os galegos Combarro seguirá sendo un bombón de vila.

E logo, qué pensas?