AliciaG

Todos somos de Combarro!: xa está na final para converterse na vila máis fermosa de España e só precisa o teu derradeiro empuxón

0

Combarro xa está a un paso de converterse na vila máis fermosa de España. Competirá agora cun só contrincante, a vila cacereña de Guadalupe, despois de que ambos superaran os outros catro aspirantes Ezcaray (A Rioxa), Vilafamés (Castelló), Grazalema (Cádiz) e Sos del Rey Católico (Zaragoza).

Agora empeza unha nova carreira, neste caso a última, para facerse co galardón de vila máis fermosa de España. Os dous finalistas parten agora de cero, sen puntuación ningunha, gañará o que reciba máis apoios populares. A votación permanecerá aberta ata o próxima día 10 de decembro, pero o gañador non se coñecerá ata o 16, cando se faga público en faixa de máxima audiencia nun programa especial de Telecinco. Para axudar a Combarro a gañar o concurso é preciso votar a través deste enlace: www.ferrerorocher.es/lucetupueblo.

 

 

E logo, qué pensas?