AliciaG

Coñecer o país de tren en tren

As vacacións son para desconectar da rutina. Se estás a piques de comezalas e aínda non tes ningún plan, se o peto non permite grandes viaxes, se non podes ausentarte por moitos días ou mesmo se en verán tes máis traballo que no inverno, existen opcións variadas para facer un verán de excursións cos que relaxar corpo e mente e desfrutar do bo tempo.

Por libre ou con guía, o tren é unha opción sostible que nos achega a diferentes lugares. E coa posta en marcha dos  trens turísticos, temos unha boa opción para coñecer o país de tren en tren, esquecendo o coche e co apoio de guías e  de autobuses que nos permitirán chegar a lugares algo afastados dos camiños de ferro.

Só en Galicia hai 12 opcións de trens turísticos de Galicia, que nos levan ás denominacións de orixe galega (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras) en cinco propostas diferentes; a pazos e xardíns históricos de Galicia; á ruta dos faros polo norte; ao Lugo Romano, á ruta da lamprea; ao Ourense termal e de compras; á descuberta da Coruña e o tren peregrino, que fai o Camiño Portugués.

Apetece? Pois aquí o detalle do calendario e os prezos para as viaxes. O custe é de 40€ para adultos e a metade para nenos e nenas de 3 a 13 anos. Tamén hai descontos para grupos. Por cal empezas?

 

 

E logo, qué pensas?