AliciaG

Coñeces o club de aforro 100% galego?

Escoitaches falar de Galicia desconto Vip? Se a resposta é non, avanzamos que se presenta como un club de aforro 100% galego que ten como obxecto o impulso do mercado local a través dunha tarxeta que permite aos seus usuarios obter descontos e vantaxes exclusivas.

Está detrás deste proxecto, que está arrancando e pretende estenderse a todo o territorio do país, Demian González, un emprendedor da Costa da Morte que xa implantou con éxito un sistema similar en Punta Cana (República Dominicana), onde estivo durante uns anos e onde mantén aínda este e outros negocios.

A idea deste proxecto naceu para dar un pulo aos emprendedores galegos coa súa adaptación aos novos tempos e ás novas tecnoloxías, e ao mesmo tempo fidelizar clientes, de xeito que estes opten polo comercio local á hora de facer as súas compras sabedores de que terán algún desconto que lles permitirá aforrar.

Así, por un módico prezo anual, os negocios adheridos a este club autóctono teñen presenza en redes sociais, presentan a través de vídeos a súa empresa e reciben tamén diferentes distintivos que informan da súa adhesión ao club e da súa oferta para os usuarios da tarxeta Galicia Desconto Vip. Tamén se lles permite fidelizar a dez clientes sen máis custo, aínda que a tarxeta ten, polo xeral, un prezo anual de 15 euros, cos que se sufraga a expedición, remisión por correo e outros gastos.lauragrandal1

A idea é que este custe se amortice en pouco tempo cos descontos que se ofrecen aos usuarios, que ademais de obter información nos puntos de venda terán acceso á mesma en redes sociais e tamén, nun tempiño, a través dunha app e no sitio web do club.

A expansión galega deste club está en marcha. E xa se ten sumado a ela o youtuber Juan Gimel, cun vídeo no que bota man da sabedoría das avoas galegas para promocionar esta tarxeta.

Ti xa es do club?

E logo, qué pensas?