AliciaG

Cousas que talvez non saibas sobre os Reis Magos: eran 4 e, segundo Bieito XVI, españois

0

Chegan de novo os Reis Magos, como ocorre cada 6 de xaneiro dende  fai dous séculos. Sabías que en España a primeira cabalgata foi  no ano 1855? É dicir, hai 162 anos. Ou que os Reis Magos eran en realidade catro, pero un deles perdeuse polo camiño e só chegaron tres? Ou que a diferenza de idade entre Melchor e Baltasar era de 40 anos?

Pero vaiamos por partes. Estas son algunhas curiosidades sobre os Reis Magos:

  1. Tres? Pois vai ser que non. Puido haber un cuarto rei mago. Chamábase Artabán e, ao parecer, seguiu á estrela equivocada e cando chegou a Belén xa non quedaba ninguén alí.
  2. O certo é que na Biblia non se di cantos eran nin tampouco o seu nome, nin as súas idades ou se eran efectivamente reis, só que eran  magos de Oriente, aínda que nin sequera isto está claro, como comprobaredes un pouco máis abaixo.
  3. Segundo as tradicións antigas poderían ser ata unha ducia, dos que un sería o rei e os once restantes os príncipes. No século V, foi o papa León quen definiu que fosen tres.
  4. O papa Bieito XVI, no seu libro “A infancia de Xesús”, deixou escrito que os Reis Magos non procedían de Oriente, senón de Tartessos, unha zona entre Huelva, Cádiz e Sevilla. É dicir, eran españois e andaluces, para máis sinais.
  5. Ata case 500 anos despois do nacemento de Xesús, os tres Reis Magos non se empezan a coñecer polo seus nomes de pía: Melchor, Gaspar e Baltasar.
  6. Os seus nomes cambian. Os gregos bautizáronos como Apellicon, Amerim e Serakin; os sirios chamáronnos  Kagpha, Badalilma e Badadakharida e os etíopes, Ator, Sater e Paratoras.
  7. Como pola aquela había tres razas coñecidas, se lle asigna unha a cada un deles: así Melchor era europeo, Gaspar asiático, ambos de pel branca,  e Baltasar árabe, de pel morena que acabaría sendo negra.
  8. Tampouco existían nun principio referencia ás súas idades, que non quedaron establecidas ata o século XV: Melchor,  60 anos; Gaspar, 40, e Baltasar 20.
  9. Os tres acudiron xuntos a Belén guiados por unha estrela e agasallaron o pequeno Xesús de Nazaret, pero non só con ouro, incenso e mirra. Melchor, o rei persa, ademais de ouro levaba muselina, púrpura e liño; Gaspar, rei indio,  acompañou o incenso con especias, nardo, canela e cimamono, e Baltasar, rei árabe, ademais de mirra,  levaba o seu camelo cargado de prata, zafiros e perlas.
  10. Ao parecer, os tres Reis Magos morreron martirizados cara ao ano 70 da nosa era.  Os seus restos estiveron durante 300 anos en Bizancio, agora Istambul, e logo foron trasladados a Milán ata o ano 1162, repousando agora na catedral de Colonia, no interior dun relicario de ouro, prata e madeira que tardou 45 anos en ser labrado e que pesa 350 quilos.
  11. Aínda que dende o século V os Reis Magos xa está definidos, non é ata o século XIX cando empezan a levarlles agasallos aos nenos de forma xeneralizada.
  12. O costume de deixar zapatos para que os Reis deixen os regalos procede de Holanda. 
  13. A primeira cabalgata, ou representación, dos Reis Magos en España tivo lugar o 5 de xaneiro de 1855 en Barcelona.

E logo, qué pensas?