AliciaG

Cres o que ves e escoitas? Pois nestes cinco casos equivócasche

0

Os sentidos, ás veces, xógannos malas pasadas. Ou directamente engánannos e confúndennos. Alicia G trae a colación dous claros exemplos de que non todo o que vemos é sempre real, nin tampouco o que escoitamos.

O primeiro enganos son visuais e teñen como protagonista o galés Howard Lee, un debuxante hiperrealista capaz de debuxar obxectos que parecen tan ou incluso máis reais que os auténticos.

Dende un ovo, ata unha salchicha, pasando por uns mistos ou incluso unha man á que lle corta un dedo cun machete. Ata xusto ese momento, cando o machete cae a chumbo, seguro que non serás capaz de distinguir se o dedo é o seu ou se trata dun debuxo. Todo un desafío de agudeza visual.

O segundo exemplo é o dun mozo cantante sueco, Roomie, que imita á perfección a voz de 23 cantantes. Tanto é así que cos ollos pechados é case imposible distinguir se se trata el ou dos verdadeiro intérpretes das cancións. No seguinte vídeo imita a Bon Jovi, Rick Astley, Bruno Mars, John Legend ou os cantantes de Fall Out Boy, Imagine Dragons, Maroon 5, entre outros.

 

E logo, qué pensas?