AliciaG

Cristina Bermúdez, a galega que triunfa no mundo da moda dende Instagram

0

Una foto publicada por Cristina Bermudez (@cabermu) el

A cidade das Burgas e a súa provincia sempre foron unha referencia tanto a nivel galego como español no mundo da moda. De alí saíron grandes referencias do téxtil, como Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Bimba e Lola, Purificación García… e agora tamén o fan a través de Internet.

Cristina Bermúdez empezou hai dous anos a compartir o que se poñía cada día a través de Instagram (https://www.instagram.com/cabermu/?hl=es). Pero o que empezou como unha afección acabou por converterse nun traballo: máis de 37.000 seguidores prestan atención cada día ao que esta ourensán asentada en Mallorca colga na súa conta.

O seu éxito en Instagram levoulle a crear unha conta en Chicfy (www.chicfy.com/user/BEHAPPYGIRL), unha páxina onde os particulares poden poñer á venda as pezas que xa non usan. Bermúdez colga alí aquelas pezas que utiliza para as súas sesións de fotos, que realiza os sábados e domingos e onde pode elixir ata oito modelos diferentes, un para cada día da semana e outro por se hai que saír de troula.

Cristina tamén é unha namorada das viaxes, algo que grazas ao seu traballo realiza a miúdo. Tamén comparte cos seus seguidores estes momentos. Precisamente é esta proximidade cos seus seguidores a que conseguiu situala nas redes sociais, ademais dunha actitude positiva que rezuma en todas as súas publicacións, onde non falta os consellos vitais para afrontar todo con positividade e valentía.

 

 

E logo, qué pensas?