AliciaG

Cruising: sexo con descoñecidos en lugares públicos

0

AutopistaBaños públicos, polígonos industriais, áreas de descanso de autoestradas ou estradas, parques, praias…  Estes espazos, de tránsito habitual de todo tipo de persoas, son tamén algúns dos lugares preferidos para practicar ‘cruising’. Que é isto? Pois trátase de manter relacións sexuais con persoas anónimas e ao aire libre.

Aínda que en principio poida pensarse que non son moitos os que se suman a este xeito de relacionarse, Galicia ten un espazo na rede onde se van actualizando os recunchos en que atopar xente con esas intencións. E vendo a cantidade de lugares que hai nos que practicar ‘cruising’, parece que non son poucos os seguidores desta tendencia.

Galicia de Cruising, que así se chama o sitio de internet, vai dirixido á poboación masculina e homosexual. Fai un repaso polos espazos en que buscar outros amantes do ‘cruising’, sobre todo nas sete grandes cidades galegas, e mesmo achega planos para chegar correctamente ao lugar.

Pero esta guía convida a ter en conta varias cousas antes de sumarse a este tipo de relacións. Os primeiros consellos:  practicar sexo seguro empregando preservativos e manter a limpeza nas zonas de cruising evitando a contaminación e a sucidade.  Tamén recomenda a discreción e non practicar ‘cruising’ en zonas públicas onde hai máis xente que non busca o mesmo. “Respecta e serás respectado”, indica a guía.

Mais non só Galicia ten o seu sitio web dedicado ao ‘cruising’. É posible consultar un mapa con todos os lugares de España a só un clic. Todo un mundo!

E logo, qué pensas?