AliciaG

De Vacas fronte a Páramo Pictures: cal dos Despacitos galegos gústache máis? (ollaos no post e vota)

0
  • Páramo Pictures

    Páramo Pictures

  • De Vacas

    De Vacas

Remata o verán pero quedará unha canción, a que ano tras anos e dende non se sabe xa cantos, se converte irremediablemente na canción do verán. Poucas pasan a historia pola súa calidade, pero teñen o seu momento de gloria.

Este ano, gustos á marxe, hai unha que se repite en case todas as listas publicadas ao longo dos últimos meses: Despacito.  Cando menos, soou ata aburrir. O tema de Luís Fonsi atopou en Galicia, ademais, dúas das mellores versións que se levan feito e escoitado ata o momento. Diría incluso que as dúas, cada unha á súa maneira, melloran notablementea orixinal, pero iso tamén é cuestión de gustos e, sobre todo, de sentido do humor.

En todo caso, son dúas versións completamente distintas, pero igual de orixinais e divertidas. A primeira en ver a luz foi (como non!) a dos Páramo Pictures, que leva por título “Alcolito”. Daniel Moreiras e Iván Capón volveron sorprender, desta volta cunha versión enxebre, rural e, sobre de todo, ecolóxica do Despacito de Fonsi, na que defenden as árbores autóctonas fronte ao invasor eucalipto.

A segunda versión galega non ten nada que ver nin no fondo nin no contido. Chámase “Amodiño” e está interpretada por De Vacas, tres mozas ás voces (Paula, Inés e Faia) e un curtido guitarrista (Guillerme Fernández, ex-Berrogüeto) que alumearon un pedazo de tema moito máis sensual, explícito e picante que o orixinal. E mellor tamén, que carafio!

As dúas son por méritos propios as cancións do verán en Galicia, aínda que non figuren en ningunha lista. Polo número de visualizacións dos seus vídeos en youtube, a vantaxe é clara para o “Alcolito” de Páramo Píctures, pero con cal quedas ti? Vota por unha delas e saiamos da dúbida.

Alcolito, de Páramo Pictures:

Amodiño, de De Vacas:

E logo, qué pensas?