AliciaG

De Vacas presenta ‘Amodiño’, unha versión picante do ‘Despacito’

0

Con son de guitarra, dicindo “Si, sabes que levo un anaco mirándote. Quero consumar contigo hoxe” e comendo chocolate con churros. É así como arranca ‘Amodiño’, un tema made in Galicia que fai unha versión do Despacito de Luis Fonsi e Daddy Yankee, e que promete converterse en todo un xite do verán.

Só nas primeiras 24 horas de proxección pública, a través da canle de youtube e nas redes sociais, acadou máis de 14.000 visitas, sumándose á viralidade nun mundo dixital no que cada vez é máis difícil destacar.

Se non coñeces a De Vacas, é un trío vacal formado por Pinta, Marela e Morena, como se dan en chamar elas mesmas, acompañado da música da guitarra de Guillerme Fernández.

A súa versión de Gangnam Style axudou á proxección deste grupo, que segue a traballar e que non dubida en sacar a pandeireta para facer a súa interpretación do ‘Single Ladies‘ de Beyoncé.

De Vacas atopa a inspiración en temas famosos e comerciais, aos que aporta o seu particular toque. Xa coñeces o Amodiño?

E logo, qué pensas?