AliciaG

Dez cousas que talvez non saibas sobre os Reis Magos, empezando porque eran 4 en lugar de 3: Melchor, Gaspar, Baltasar e Artabán

0

Esta é a semana dos Reis Magos, que o venres polo serán percorreran todas as cidades e vilas de Galicia. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán sobre os seus camelos e escoltados polos seus séquitos. Rememoran así a súa viaxe dende Oriente ata Belén cargados de agasallos para o neno Xesús. Isto é o que todos sabemos sobre eles, pero hai outras moitas cousas que talvez descoñezas e que te sorprenderán.

  1. Tres? Pois vai ser que non. Ao igual que había un quinto Beatle, ou que os Tres Mosqueteiros eran en realidade catro, tamén hai un cuarto rei mago. Chamábase Artabán e, ao parecer, seguiu a estrela equivocada e cando chegou ao punto elixido para continuar o camiño xuntos, nun punto concreto de Babilonia, xa marcharan os outros tres.
  2. O certo é que na Biblia non se di cantos eran nin tampouco o seu nome, nin as súas idades ou se eran efectivamente reis. Só que eran  magos de Oriente. Segundo as tradicións antigas poderían ser ata unha ducia, dos que un sería o rei e os once restantes os príncipes. No século V foi o papa León quen definiu que foran tres.
  3.  Os tres Reis Magos empezan a coñecerse polos seus nomes de píaMelchor, Gaspar e Baltasar, 500 anos despois do nacemento de Xesús.
  4. Como por aquela había tres razas coñecidas, asignóuselle unha a cada un deles: así Melchor era europeo, Gaspar asiático, ambos de pel branca,  e Baltasar árabe, de pel morena que acabaría sendo negra.
  5. Tampouco existían nun principio referencias sobre as súas idades, que quedaron definitivamente establecidas no século XV: Melchor 60 anos, Gaspar 40 e Baltasar 20.
  6. Os tres acudiron xuntos a Belén guiados por unha estrela e agasallaron o pequeno Xesús de Nazaret, pero non só con ouro, incenso e mirra. Melchor, o rei persa, ademais de ouro levaba muselina, púrpura e liño; Gaspar, rei indio,  acompañou o incenso con especias, nardo, canela e cimamono, e Baltasar, rei árabe, ademais de mirra  levaba o seu camelo cargado de prata, zafiros e perlas. Artabán, o mago que nunca chegaría a Belén, portaba pedras preciosas: un diamante, un rubí e unha perla.
  7. Ao parecer, os tres Reis Magos morreron martirizados cara ao ano 70 da nosa era.  Os seus restos estiveron durante 300 anos en Bizancio, agora Istambul, e logo foron trasladados a Milán ata o ano 1162, repousando agora na catedral de Colonia, no interior dun relicario de ouro, prata e madeira que tardou 45 anos en ser labrado e que pesa 350 quilos.
  8. Aínda que dende o século V os Reis Magos xa está definidos, non é ata o século XIX cando empezan a levarlles agasallos aos nenos de forma xeneralizada.
  9. O costume de deixar zapatos para que os Reis deixen os regalos procede de Holanda. 
  10. A primeira cabalgata dos Reis Magos en España tivo lugar o 5 de xaneiro de 1855 en Barcelona.

 

E logo, qué pensas?