AliciaG

Dez propostas para pasar un verán de festival en festival

Empeza a tempada festivaleira e aínda non tes a túa axenda preparada? É tempo de botar unha ollada a programas e datas, por iso de aproveitar as ofertas de compra anticipada -cando hai que pagar entrada- ou, simplemente, para non adquirir outros compromisos que impidan ver ás túas bandas favoritas. Son moitos os eventos que se celebran por todo o país, mais aquí mostramos só unha escolla tendo en conta propostas multitudinarias e outras que están buscando o seu oco no calendario. Imos aló!

  1. OurenRock Sound. Será os días 2 e 3 de xuño en Benposta, na cidade de Ourense. Entre as bandas confirmadas está La Raíz, que ofrecerá neste evento o seu único concerto en Galicia neste ano.
  2. Resurrection Fest. Para amantes do metal, está consolidado en Galicia este festival. Celébrase en Viveiro (Lugo), e citará este ano, do 5 ao 8 de xullo, a un amplo cartel cheo de hardcore, punk, black metal… Un pouco de todo, con Rammstein como cabeza de cartaz, que ofrece en Galicia o único concerto na Península.
  3. Festival de Ortigueira. Un clásico de cada verán, e un dos máis multitudinarios non só de Galicia, senón de España. Celébrase entre 13 e o 16 de xullo e traerá ao mellor da música celta a esta vila coruñesa.
  4. Portamérica. Caldas de Rei (Pontevedra) acolle este festival, cun amplo cartel co mellor do Indie galego, español e internacional. Será do 13 ao 15 de xullo, e actuarán Iván Ferreiro, Xoel López, The Horrors, Asian Dub Foundation, KASE.O, Leiva…
  5. Festival SinSal. Celébrase do 21 ao 23 de xullo na Illa de San Simón – Redondela- (Pontevedra), e unha das súas singularidades é que o cartaz é segredo e os asistentes non saben que artistas participarán no mesmo ata que chegan á illa. Limitado o aforo a 800 persoas.
  6. SonRías Baixas. Será en Bueu (Pontevedra), entre o 3 e o 5 de agosto. Actúan Amparanoia, Ses, Dakidarria, Estopa e moitas outras bandas.
  7. Discalzos polo Festival. Será entre o 4 e o 5 de agosto en Cedeira (A Coruña), e están confirmadas bandas como Dakidarria e Señor No, entre outros.
  8. Pardiñas. Celébrase un ano máis, e van case catro décadas, en Guitiriz (Lugo). Nesta edición será entre o 4 e o 6 de agosto.
  9. Revenidas. Tamén en agosto chega o Revenidas, en Vilaxoán -Vilagarcía de Arousa– (Pontevedra). Celebrarase do 18 ao 20 de agosto e ten confirmadas bandas como La Pegatina ou Dakidarría.
  10. Festival de la Luz. Boimorto (A Coruña) acolle un ano máis o Festival de la Luz. Nesta edición será do 8 ao 10 de setembro. Actuarán máis de 40 artistas, e están entre as bandas confirmadas Mago de Oz, Jarabe de Palo, Rulo y la Contrabanda e Treixadura, entre moitos outros.

Están aquí os teus favoritos?

 

 

E logo, qué pensas?