AliciaG

Do Calvo a Justino: cal é o anuncio da Lotería que máis che gustou?

0

Nada que identifique tanto o Nadal en España como os anuncios da lotería, aos que agora se lles da por intentar facernos chorar. Pero non sempre foi así. Algunha vez incluso conseguiron facernos pasar de espanto á gargallada, como no ano 2013, cando o anuncio  estivo protagonizado por unha aterradora Monserrat Caballé e un Raphael sobreactuando ata o ridículo. Case todos intentaron contaxiarnos ilusión e poucos se nos quedaron tran gravados como os do “Calvo da lotería”, alcume polo que foi coñecido durante anos o actor británico Clive Arrindell, convertido por mor destes anuncios nunha icona do Nadal en España. Certamente, houbo de todo. A continuación amosamos unha selección dos últimos, para nostálxicos e para que cada quen elixa, si quere e lle apetece, o que máis lle gustou.

1998-2005: Os anuncios do Calvo. Segundo moitas enquisas, os oito anuncios protagonizados por Clive Arrindell  son os máis recordados polos españois, aínda que seguramente o que máis recordan é unicamente o “Calvo da lotería”. O éxito foi tal que o actor británico chegou a firmar unha cláusula de exclusividade con Loterías e Apostas do Estado que lle impediu aparecer en calquera outra produción audiovisual durante estes anos. Os anuncios eran sempre en branco e negro, mudos e con música de “El café de los estudiantes”, de Maurce Jarre, incluído na banda sonora de “Doctor Zhivago”.  Os anuncios remataban coa frase “Cada Nadal, os teus soños xogan á lotaría” e o lema “Que a sorte te acompañe”.

2006: Adeus ao “Calvo da lotería”, aos anuncios mudos e ao branco e negro.  Tamén mudou a lenda. Agora, o que toca é xogar á lotaría”. Arrindell foi substituído por una chea de personaxes buscando unha ilusión.

2007: Anuncio alternativo. Os españois estrañaban o Calvo, polo que a axencia encargada do anuncio deste ano tentou superar a nostalxia a base de música alternativa, efectos especiais e solidariedade, sen esquecer unha chiscadela aos emigrantes. Un cantante descuberto a través de My Space, Lionel Neykov, ocupouse da letra.

2008: O Nadal humaniza. O anuncio deste ano foi unha oda ao espírito do Nadal, o que fai que todos sexamos “algo más humanos, ata os máis fríos”.  Remataba proclamando que “o Nadal humaniza todo o que toca e ata a sorte se anima e cobra vida”, tal e como fai o pesebre do décimo de lotería co que se poñía o punto e final.

2009: Hai moito Nadal.  Coa crise asomando a moitos fogares, o anuncio da lotería é unha reivindicación de todos os tipos de Nadal:  os familiares, os modernos, os nevados… e os difíciles.

2010: Alicia no País das Marabillas e compañía. Este, sen dúbida, é o noso preferido porque protagonizámolo a través da nosa querida Alicia no País das Marabillas, pero tamén aparecían Peter Pan, Cenicienta ou o Gatos con Botas. “Somos tan grandes, que ata o País das Marabillas nos queda pequeno”. Así empezaba, para rematar asegurando que “en Nadal todo é posible, ata que nos visite dona Fortuna”.

2011: A  fábrica de soños. Un grupo de nenos estaban no centro do anuncio. Dedicábanse a cazar os soños dos adultos con bólas de cristal, que logo metían nun gran bombo para sortealos. “En Nadal, os teus soños fan posible a lotería. Si soñas, lotería”, sentenciaba.

2012: Buscadores de bolas. Coma se os nenos do anterior anuncio se convertesen xa en adultos, agora son estes os que se dedican a buscar bólas agraciadas entre mariñeiros, amas de casa, estudantes… Unha fábula sobre a sorte.

2013: Indescritible. Lotería e Apostas encomendoulle o anuncio ao director de cine Pablo Berger, gañador dun Goya pola película Blancanieves. Nel aparecían Montserrat Caballè, Raphael, Bustamante, Marta Sánchez e Niña Pastori. Ao final, tal conxunción de estrelas deu como resultado o anuncio máis parodiado e ridículo da historia do sorteo de Nadal. As caras de Caballé e a maxestosa actuación de Raphael inundaron as redes de bromas e burlas.

2014: O bar de Antonio. Tras a pifia do ano anterior (ou non, porque o anuncio si chegou a todas partes), este foi probablemente o primeiro que fixo esquecer de verdade ao Calvo. Manuel non puidera comprar o seu décimo e, mira por onde,  resulta que tocou no seu bar de sempre, no que sempre o compraba. Afortunadamente para el, o seu amigo Antonio, dono do bar, gardáralle unha sorpresa en forma de décimo. Explosión final de alegría porque “O maior premio é compartilo”

2015: Justino. E por fin chegamos ao deste ano. O primeiro de animación, con Justino de protagonista e unha historia como mesmo espírito que a de Manuel e Antonio. Os compañeiros de traballo de Justino, vixiante nocturno dunha fábrica, tamén lle gardan un décimo do Gordo pese a que non se apuntara  na lista para participar na súa compra.

E logo, qué pensas?