AliciaG

Do río Miño a Río de Xaneiro: remeiros de medio mundo preparan as olimpíadas en Ourense

0

Mozos e mozas, musculados, atléticas… paseando a diario pola beiras do río Miño. Algo está pasando no balneario de Laias. Algo que recorda ao balneario de Coccoon, aquel da película que dirixiu Ron Howard no ano 1985 e onde un grupo de anciáns rexuvenecían de xeito milagroso mergullándose nunha piscina cunhas xigantescas ostras dentro. Pero non, nada que ver. Nin o Ribeiro é a costa da Florida, nin moito menos Laias é Saint Petesburg, nin esta historia é ningunha película.

Nada diso. Os que pasean e gozan de Laias e o Miño, pero sobre todo adéstranse, son deportistas de elite de medio mundo recluídos aquí (é un dicir) para dar un, mil e ata centos de miles de paus á auga. Paus que en realidade son remos.

A súa presenza é unha das cousas que máis chama a atención cando un visita o balneario de Laias, pois espera atoparse outro tipo de cliente, tal vez máis parecido ao da película de Howard.  Ata que alguén cho explica todo e caes entón na conta de que aquilo non e Coccoon, senón un centro de adestramento para deportistas de elite.

Dende hai un ano, esta vila do concello de Cenlle, famoso polas súas augas termais e o seu licor café, converteuse nun centro de alto rendemento para remeiros e piragüistas de medio mundo. E nótase especialmente durante estes meses, que son véspera das olimpíadas do Río, ás que algúns incluso irán directamente desde este outro río, o Miño. A zona para exercitarse transcorre entre Laias e os encoros de Castrelo de Miño e Frieira, onde é posible remar ata 25 quilómetros cun so xiro.

Nos últimos meses xa pasaron por Laias remeiros e remeiras das seleccións de Estonia, Suecia, Holanda, Francia, Bulgaria ou Gran Bretaña e aínda están agora os de Bielorrusia e Romanía. En xuño sumarase a  selección de Australia. E mentres están a negociar a súa estadía as de Corea do Sur e Alxeria. Non serán os únicos, pois entre selección e selección, a lo longo deste ano xa pasaron ou pasarán por aquí os equipos dunha ducia de universidades e colexios universitarios: Oxford, Durham, Imperial Collage Boatclub, Lehs, Bryanston, Surbiton, Borlase’s, Edinburgh, Cheltenham ou Shrewsbury.

A previsión é que se adestren nestas instalacións arredor de 1.000 remeiros.

E que ten Laias para ser elixido como lugar de ideal por tantos equipos de países tan dispares?
Pois basicamente hai catro razóns: a proximidade do aloxamento co río, a lámina de agua, as condicións para o traballo físico e o clima (ou mellor dito, o microclima do Ribeiro). Para moitas destas seleccións, adestrarse a estas alturas do ano con sol (aínda que estes días faga algo de frío) é un luxo sen prezo, sobre todo para as que proceden do norte de Europa.

A continuación, imaxes de algunhas das seleccións de remo e piragüismo que teñen entrenado no río Miño ao seu paso por Ourense, extraídas da páxina web do Centro de Entrenamento de Remo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño.

Condiciones de entrenamiento

Condiciones de entrenamiento

Condiciones de entrenamiento

Condiciones de entrenamiento

 

E logo, qué pensas?