AliciaG

É Galicia o lugar máis bonito do mundo? Un rap di que si!

0

É Galicia o lugar máis bonito do mundo? Si, non ou depende… son case de seguro as respostas a esta cuestión se facemos unha enquisa entre os galegos. Mais hai quen non só pensa que si, senón que ademais fai con isto un tema de rap, un videoclip e súbeo ao mundo virtual.

É o que fixo Ricky Hombre Libre, quen sacou recentemente o disco ‘La estrategia de la tortuga’ logo dunha campaña de crowdfunding. Trátase, segundo o seu autor, dun traballo para escoitar coa alma que foi creando durante unha viaxe de 15 meses a Asia.

É neste primeiro disco en solitario do artista onde se inclúe ‘Vengo de Galicia’, un tema de case cinco minutos e no que se vai amosando a idiosincrasia autóctona ao tempo que se traslada o orgullo patrio deste galego nado en Santo Domingo.

O vídeo, que leva máis de 120.000 reproducións e segue sumando adeptos, amosa paisaxes galegas, prazas de abastos, a Galicia mariñeira e labrega… E fala de gastronomía, de “xente riquiña”, das tradicións e da cultura celta.

Pero a conclusión é sempre que Galicia é o lugar máis bonito do mundo. Para algúns, ‘Vengo de Galicia’ é toda unha campaña turística do país. Ti que opinas?

E logo, qué pensas?