AliciaG

E os mellores pratos da gastronomía galega son…

Galicia é coñecida internacionalmente polo bo comer. É sonada a calidade dos produtos galegos e, en consecuencia, somos destino gastronómico para os que queren comer ben e abundante. Cada un ten as súas preferencias e gustos pero, cales son os mellores pratos da gastronomía galega?

A resposta pode ser múltiple. Mais hai algúns que acostuman estar sempre no Top Ten das listas do mellor para comer en Galicia. Facendo un repaso por guías, listados elaborados por prensa variada e canta empresa quixo resumir o bo facer aos fogóns desta comunidade, son dez os que rara vez faltan. E non necesariamente teñen que ir por esta orde, que para gustos hai cores:

  1. Polbo á feira, un clásico!pulpo
  2. Lacón con grelos
  3. Cocido galego
  4. Percebes
  5. Outros mariscos
  6. Pementos de Padrón, que uns pican e outros non
  7. Empanada, nas súas múltiples variedades  e sabores
  8. Caldo, perfecto para quentar o corpo en inverno
  9. Orella, que do porco todo se aproveita!
  10. Churrasco

Entre as sobremesas, as filloas son as raíñas, pois son as máis citadas. E no mundo das bebidas, o licor café e outras aurgardentes galegas chaman tamén a atención de autóctonos e foráneos.

E ti, botas de menos algún prato?

E logo, qué pensas?