AliciaG

E ti, es youtubeir@?

0

Youtubeir@s é o nome dun proxecto que ten como obxectivo levar á rede máis vídeos en galego. Trátase dun concurso que pretende incrementar a presenza do idioma na segunda rede social máis empregada despois de Facebook: Youtube.

Forman parte desta iniciativa as universidades galegas e máis dunha decena de concellos dispostos a espertar o espírito youtubeiro entre todos os maiores de 14 anos de calquera punto do planeta, interesados en transmitir algún coñecemento ou opinar sobre temas de interese. Iso si, terán que facelo en galego e os vídeos, que deben estar baixo calquera das licenzas Creative Commons, non poderán superar os cinco minutos.

Todas as persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente a través do formulario que hai dispoñible no sitio web www.youtubeiras.gal, onde se poden consultar as bases do concurso, que excluirá traballos comerciais ou publicitarios, ou calquera vídeo que promova mensaxes violentas, denigrantes ou ofensivas.IlustracionConcurso-01-1

Os mellores vídeos en cada categoría recibirán 1.000 euros en premios, se ben existen tamén mencións honoríficas de 500 euros que premiarán a creatividade, a eficiencia comunicativa, a calidade técnica e a calidade lingüística dos traballos.

O xurado, á hora de decidir os vídeos merecedores de galardóns, prestarán especial atención ao enxeño e á creatividade; á calidade técnica da peza; á eficiencia comunicativa do vídeo e á calidade lingüística.

E ti, xa es youtubeir@? Se a resposta é negativa, aínda estás a tempo de preparar o teu vídeo. O prazo remata o 28 de abril.

E logo, qué pensas?