AliciaG

Entrega dobre: un vídeo para non parar de rir (e ata chorar) e un sorprendente parecido a Mariano Rajoy

0

Tal vez non haxa mellor forma de arrancar a semana que cunhas risas. Se é así, este vídeo botaranos unha man. Un mozo está a piques de volver literalmente tolos a uns incautos que non pretenden máis que ducharse antes de bañarse na praia e que acaban pelexando bravamente coa espuma do seu xampú, que por mais que o intenten non son capaces de quitar de enriba. Tamén literalmente.

Esta é a primeira entrega. A segunda é unha foto que  @Jotaderos converteu e viral. Trátase de Michael Hirts, o creador de “Vikingos”. Acompañou a foto co seguinte texto: “O creador da serie Vikingos é Rajoy con perruca loura”. Foi publicalo e leala. Porque efectivamente: o parecido é asombroso.

E logo, qué pensas?