AliciaG

Es un auténtico galego?

0

A todos nos gusta presumir de galegos, e máis cando saímos da nosa terra. O polbo, o licor café, o cocido da túa avoa, o viño do país, os pementos de Herbón… Son centos os motivos que nos levan a sentirnos orgullosos de vivir en Galicia. Pero es un verdadeiro galego?

O portal BuzzFeed España propón unha proba para demostrar a verdadeira galeguidade: ter feito polo menos 25 das cousas que se propoñen no seguinte vídeo, entre as que se atopan comer pemento de Padrón até rabiar, amar ou odiar o Sereo de Vigo, saír escaldado dos carnavais de Verín ou ter a José Tojeiro (o da “drogha no Colacao”) como referente espiritual.

O vídeo xa leva 160.000 visualizacións, e estamos seguros que a lista que propón o portal web se poderían engadir moitas máis, así que imos propoñervos un xogo: que cousas cres que hai que facer en Galicia para ser un bo galego? Podes deixar a túa resposta nos comentarios.

E logo, qué pensas?