AliciaG

Esta conmovedora homenaxe aos avós que tamén che fará chorar a ti foi vista xa por 26 millóns de persoas nunha semana

0

Ai, que sería de nós sen os avós! Esta é unha das reflexións que se agochan detrás deste emotivo e conmovedor vídeo que foi publicado o pasado día 30 de outubro pola asociación de familias numerosas de Euskadi, Hirukide, como homenaxe aos avós e avoas. O seu éxito, que se pode medir tanto en millóns de lágrimas provocadas como en visualizacións, é abafador. Ata hoxe foi visto por máis de 26 millóns de persoas, compartido máis de 1 millón de veces e acumula máis de 247.000 ‘gústame’ no Facebook da asociación. E o seguinte en emocionarse en chorar serás ti, seguro.

A curto conta a historia dun avó que enviúva e é acollido pola súa filla, converténdose entón en peza clave e imprescindible da familia, algo que el mesmo descobre de boca da súa filla despois dun mal entendido. O titulo dío todo: Cos avós somos + familia.

 

 

E logo, qué pensas?