AliciaG

Esta foi a última ola do Oleiro en Xinzo: máis de 4 minutos voando de man en man sobre unha praza de bote en bote

0

Un dos entroidos máis longos do mundo, o de Xinzo, avanza triunfal a golpe de fariña, olas e sobre todo bo tempo, que o domingo decidiu disfrazar xaneiro de maio. O regalo foi un día soleado que abarrotou dende media mañá as rúas da capital limiá e a mediodía os restaurantes, onde o cocido correu abundante, ben regado e rápido para chegar todos a tempo ao xogo das olas, que comezou puntual as 5 da tarde na Praza Maior.

Entre o petardazo e a fariña da fin de semana pasada, a do Domingo Fareleiro, e o meco e as olas desta última, a do Domingo Oleiro, o Entroido de Xinzo xa consumiu os seus primeiros nove días, de sábado a domingo. Xa só lle quedan 21!!!!

Pero volvamos ao Domingo Oleiro. 300 olas acabaron batendo contra o chan  despois de voar sobre a Praza Maior e a praza de Oriente, no barrio de abaixo, os dous lugares elixidos para a este xogo. Sempre acaban así, en anacos, pero antes son xogadas con verdadeira mestría polos participantes, hoxe maioritariamente homes pese a que na súa orixe foi un xogo iniciado polas mulleres que ían a fonte a buscar auga coas olas.

Neste vídeo podes ves a última ola do xogo que se levou a cabo na Praza Maior de Xinzo, una ola que sobreviviu de man en man durante máis de 4 minutos. Aquí tes os últimos 3 minutos e 42 segundos. Foi a ola máis longa da tarde.

 

 

E logo, qué pensas?