AliciaG

Este lobo pode facer que tolees… sobre todo cando empece a moverse (vídeo)

0

Mírao ben de novo. Ves un lobo, verdade?…

…pois non o é, porque en realidade o que ves é unha obra de arte en que, ademais do artista, participan tres mulleres (no vídeo que segue a continuación podes comprobalo). Máis abaixo poderás ollar tamén un camaleón ou unha ra. E só despois de saber que, como o lobo, non son o que parecen a simple vista, tal vez te decates de que o camaleón é a suma dun home e unha muller ou que a ra son 5 mulleres. Iso si, cos seus corpos perfectamente pintados e estratexicamente colocados. O autor é Johannes Stötter, un italiano que se adica ao “body paint” con tal destreza que os seus modelos acaban parecendo animais, froitas, paisaxes ou camuflándose coa súa contorna. Pero o mellor é admirar algúns dos seus traballos. O último deles, o lobo que subiu hai uns día ao seu perfil de Facebook, converteuse en viral e fixo tolear a máis dun. Non é para menos.

E logo, qué pensas?